sábado, 20 de decembro de 2014

BO NADAL!!

O tren de segundo despídese por uns días, vai  facer un descanso e espera voltar en xaneiro con moitas ganas e ilusión. Deixámosvos unha mostra de imaxes do último día do trimestre e tamén un vídeo co baile que fixemos cos nenos, nenas e titora de quinto. Trátase da canción "El reno Rodolfo", esperamos que vos guste ;) 
Esta maquinista deséxavos unhas boas festas a todos os nenos, nenas, compañeiros, compañeiras e familias. E que o 2015 veña cargado de cousas boas para tod@s!!!!



Visita de Noe :)
Os renos do nariz vermello :)


Preparados para o baile :)

O amigo invisible

Na ponte da Constitución cada neno e cada nena fixo un agasallo para o seu amigo invisible. Estiveron pé da árbore ata onte, que os abriron e descubriron quen fixera cada un.




xoves, 18 de decembro de 2014

Taller de cociña

Hoxe convertimos a aula en cociña, os libros en comida, os lapis en cucharas...e mirade que fixemos: unhas galletas con cara de reno e uns bonecos de neve. 





mércores, 17 de decembro de 2014

Achégase o inverno

Achégase unha nova estación, o inverno!! E no noso colexio xa comezou a notarse, mirade que pinguíns máis simpáticos temos, e que ben quedan ca decoración navideña e co boneco de neve... Por certo, esas bufandas que vedes na foto calcetounas a profe Cova, grazas!!!!!




Carta aos Reis Magos

Hoxe, 17 de decembro, os nenos e nenas de segundo escribiron a carta aos Reis Magos e metérona no buzón para que mañá as recolla o carteiro e as leve a Oriente. Que ilusión!!!!
Ademais, o tren de segundo levou hoxe para casa as fichas do primeiro trimestre con esta portada do reno. A cabeza está feita ca planta do pé e os cornos foron pintados cas súas mans...




Mochila viaxeira

Neste primeiro trimestre a mochila viaxeira pasou por catro fogares de tres nenos: Sergio, Nadir e Fernando, e dunha nena: Rebeca. A continuación deixovos as fotos cas manualidades e debuxos que fixeron ca axuda das súas familias. Son uns artistas!!



sábado, 13 de decembro de 2014

O mural dos animais vertebrados

Os nenos e nenas de segundo trouxeron imaxes de animais que foron clasificando e pegando nos diferentes grupos... Así quedou o mural:






Chegou o nadal...

Chegou o nadal e no colexio de Román xa se notou porque esta semana os nenos e nenas de Infantil, e tamén os de segundo, puxeron a árbore de nadal e o portal de Belén. Mirade que ben lles quedou!



venres, 12 de decembro de 2014

luns, 1 de decembro de 2014

Taller de fotografía

A semana pasada o tren de segundo disfrutou dun taller de fotografía. Primeiro aprendemos cousas sobre a cámara e sobre a fotografía na aula, logo saímos unha tarde a facer fotos arredor do colexio e, por último, vimos e comentamos as fotos no ordenador. Aquí vos deixamos as elexidas ;)