sábado, 19 de decembro de 2015

BO NADAL A TOD@S!

Os nenos e nenas de segundo levaron para casa os seus traballos do primeiro trismestre, cun boneco de neve na portada. 

2ºA
2ºB
Onte tamén viron unha película na biblioteca e recibiron a visita do rei Melchor e os paxes, que recolleron as cartas dos nen@s e déronlles un agasallo.


As maquinistas de segundo deséxanvos que pasedes unhas boas festas e despídense con estas imaxes da decoración de nadal...

Entrega de premios: postres do outono

O xoves, 17 de decembro, os nenos e nenas que participaron na elaboración de postres recibiron un premio. Que guap@s estaban vestid@s de cociñeir@s ;)

2ºA

2ºB


2ºA e 2ºB

mércores, 16 de decembro de 2015

Taller de cociña

Hoxe o tren de segundo disfrutou dun taller de cociña no que fixeron figuras navideñas cheas de chocolate ;)

2ºA
2ºB

Concurso de postais


Xa temos gañadora do concurso de postais no tren de segundo, e chámase María Orosa. Parabéns a ela e a tod@s @s participantes!



xoves, 3 de decembro de 2015

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Baixo o lema "TODOS SOMOS CAPACES", hoxe celebramos no colexio o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Todas as letras estaban cheas de fotos do alumnado, profesorado e demais persoal que traballa no centro. As ventás enchéronse de globos de cores.



mércores, 25 de novembro de 2015

Día en contra da violencia de xénero

Con motivo do día en contra da violencia de xénero os nenos e nenas de segundo fixeron unhas pulseras onde escribiron mensaxes de igualdade, de amizade, de bo trato cara as familias e cara os amigos e amigas, etc. 
Tamén disfrutaron da lectura dun conto titulado "Artur e Clementina" e dunha chuvia de ideas en torno a dito conto.
Nos seus xerseis levaron un lazo violeta mostrando que eles e elas tamén están en contra da violencia, pero non so hoxe senón todo o ano.
Pulseiras 2ºA

Pulseiras 2ºB

martes, 24 de novembro de 2015

Visita ao Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba

Hoxe, 24 de novembro, o tren de segundo visitou o Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba. Nel os nenos e nenas viron un vídeo e fixeron unha visita guiada por todo o museo observando os paneis informativos e as vitrinas con pezas de cerámica, machados, armas...Tamén participaron nun obradoiro de olería no que fixeron unha cunca do mesmo xeito que se facía antigamente. Que ben quedaron!

Vendo o vídeo
Visita guiada polo museo
Nen@s de 2ºB no obradoiro de olería
Nen@s de 2ºA no obradoiro de olería

Caracois

Os pasaxeiros e pasaxeiras do tren de segundo fixeron estes simpáticos caracois...

2ºA

2ºB

martes, 17 de novembro de 2015

Cata de postres

 Onte, 16 de novembro, fixemos no colexio unha cata de postres (feitos con froitos típicos do outono) grazas á colaboración de moitas familias. 
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!
Mesas cos postres
Alumn@s de 2º degustando os postres.
Postres de alumn@s de 2ºA
Postres de alumn@s de 2ºB

Alumn@s de 2ºA con Irene
Alumn@s de 2ºB con Gloria

martes, 10 de novembro de 2015

O outono

Mirade que bonitas nos quedaron estas fotos en pleno outono...
2ºB
2ºB
2ºA
2ºA

sábado, 7 de novembro de 2015

O magosto

Antes da festa do magosto os nenos e nenas de segundo decoraron as súas aulas e tamén o pasillo. E fixeron, cuns bricks que nos enviaron as familias, uns cestos que eles mesmos decoraron para botar as castañas dun lado e as cáscaras doutro. O venres celebramos o magosto xogando e comendo castañas asadas que nos fixeron os castañeiros e castañeiras ;)




venres, 30 de outubro de 2015

Merenda terrorífica

O pasado mércores, 28 de outubro, fixemos unha merenda terrorífica nas aulas de segundo. Mirade que pintas, ummmm...!


Festa dos conxuros

Onte, 29 de outubro, o tren de segundo celebrou a festa dos conxuros. Que ben o pasamos!



Conxuro de tumbas horripilantes
Os de segundo facemos este conxuro
para que o curso non sexa moi duro.
Eu boto un morcego
que está moi cego.
Eu boto esta cabazota
que parece unha pelota.
Eu boto un pelo
que encontrei nun banco amarelo.
Eu boto esta serpe 
na auga ben quente.
Traiovos unha araña
que estaba nunha gadaña.
Eu poño un escorpión
que encontrei nun camión.
Eu boto unha cabaza
que enche unha taza.
Eu encontrei un sapo
que estaba escondido nun trapo.
Eu boto unha araña
rica como unha castaña.
Traio esta cabaza
que atopei na miña casa.
Eu poño un ollo de dragón
que encontrei nun caixón.
Con este calcetín
o Samaín non ten fin.


Conxuro dos Zombis Melenudos
Somos bruxas e bruxos 
e zombis melenudos.
Imos facer un conxuro
neste pote tan escuro.
Eu boto este rato
que atopei nun burato.
Eu boto un cempés
que atopei campo a través.
Eu boto unha cabaza
que atopei indo de caza.
Eu boto dous xeados
para que todos estemos calados.
Eu traio un morcego
gordo, negro e chairego.
Eu elexín unha lagartixa
delgada como o papel de lixa.
Eu boto mostaza
que teño na miña cabaza.
Eu traio unha curuxa
tan fea como unha bruxa.
Eu boto un ollo de sapo
que encontrei nun zapato.
Eu boto un morcego
que encontrei voando no ceo.
Eu poño un cacho de pan duro
que fará mellor este conxuro.


Conxuro das arañas velenosas
O noso conxuro ten estes ingredientes
que botamos neste pote relucente.
Eu boto zume de araña
para quitar a migraña.
Eu traio unha formiga, 
a ti picarache a barriga.
Eu boto esta cabaza
que atopei na terraza.
Eu boto unha araña
que pesquei cunha caña.
Eu traio unha serpe
que ten un so dente.
Eu boto zombis
para convidar aos compis.
Pois eu ollos de dragón
que me quere comer o tragón.
Eu teño unha araña
tan fea como unha castaña.
Coa cola do caimán
caerás, pataclán!
Eu boto baba de caracol
que atopei nunha col.
Con todos estes ingredientes
mañá caeranche os dentes.


Conxuro dos Monstruos Terroríficos
Somos os Monstruos Terroríficos
que non damos nin apertas nin bicos.
Imos comezar este conxuro
dando saltos de canguro.
Eu boto unha cabaciña
que atopei na miña hortiña.
Pois eu boto esta araña
que atopei no medio da lasaña.
Eu teño esta cucaracha
que encontrei nunha remolacha.
Eu traio este rato
que estaba metido no meu zapato.
Eu engado esta cobra
que na miña casa sobra.
Pois eu esta araña
que estaba non cabaña.
Mirade que lingua de león
atopei debaixo dun camión.
Falta o ingrediente máis importante
caca de elefante!
Agora eu remexo e remexo
como se fixera un queixo.
Podedes beber todos deste conxuro
e logo fumar un puro.


As mestras de segundo tamén remexen e remexen
e desexan que este Samaín moi ben festexen.

Aulas terroríficas

Esta semana nos pasillos e nas aulas de segundo tamén se notaba que era Samaín. Tiñamos desde arañas xigantes, bruxas, pantasmas, morcegos e ata corvos vixiándonos. Que medo!

Cabazas decoradas

Mirade que cabazas tan chulas, tan terroríficas, tan ben feitas...trouxeron os nenos e nenas do tren de segundo. 
PARABÉNS A TOD@S POLO VOSO TRABALLO!