mércores, 25 de novembro de 2015

Día en contra da violencia de xénero

Con motivo do día en contra da violencia de xénero os nenos e nenas de segundo fixeron unhas pulseras onde escribiron mensaxes de igualdade, de amizade, de bo trato cara as familias e cara os amigos e amigas, etc. 
Tamén disfrutaron da lectura dun conto titulado "Artur e Clementina" e dunha chuvia de ideas en torno a dito conto.
Nos seus xerseis levaron un lazo violeta mostrando que eles e elas tamén están en contra da violencia, pero non so hoxe senón todo o ano.
Pulseiras 2ºA

Pulseiras 2ºB

martes, 24 de novembro de 2015

Visita ao Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba

Hoxe, 24 de novembro, o tren de segundo visitou o Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba. Nel os nenos e nenas viron un vídeo e fixeron unha visita guiada por todo o museo observando os paneis informativos e as vitrinas con pezas de cerámica, machados, armas...Tamén participaron nun obradoiro de olería no que fixeron unha cunca do mesmo xeito que se facía antigamente. Que ben quedaron!

Vendo o vídeo
Visita guiada polo museo
Nen@s de 2ºB no obradoiro de olería
Nen@s de 2ºA no obradoiro de olería

Caracois

Os pasaxeiros e pasaxeiras do tren de segundo fixeron estes simpáticos caracois...

2ºA

2ºB

martes, 17 de novembro de 2015

Cata de postres

 Onte, 16 de novembro, fixemos no colexio unha cata de postres (feitos con froitos típicos do outono) grazas á colaboración de moitas familias. 
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!
Mesas cos postres
Alumn@s de 2º degustando os postres.
Postres de alumn@s de 2ºA
Postres de alumn@s de 2ºB

Alumn@s de 2ºA con Irene
Alumn@s de 2ºB con Gloria

martes, 10 de novembro de 2015

O outono

Mirade que bonitas nos quedaron estas fotos en pleno outono...
2ºB
2ºB
2ºA
2ºA

sábado, 7 de novembro de 2015

O magosto

Antes da festa do magosto os nenos e nenas de segundo decoraron as súas aulas e tamén o pasillo. E fixeron, cuns bricks que nos enviaron as familias, uns cestos que eles mesmos decoraron para botar as castañas dun lado e as cáscaras doutro. O venres celebramos o magosto xogando e comendo castañas asadas que nos fixeron os castañeiros e castañeiras ;)