venres, 24 de xuño de 2016

BOA VIAXE TREN DE SEGUNDO!!!!!!!

As maquinistas do tren de segundo queren agradecer, unha vez máis, os detalles que nos fixestes chegar as familias estes últimos días. Por suposto, agradecemos tamén o cariño recibido das familias e dos nenos e nenas, día a día. Queremos desexar para este tren o mellor dos destinos e unhas felices e merecidas vacaccións!
GRACIAS!!!!!                                           
                                                                                  Irene e Gloria ;)

Pasaxeiros e pasaxeiras de 2ºA
Pasaxeiros e pasaxeiras de 2ºB
Fin de curso 2ºA
Fin de curso 2ºB

Portadas 3º trimestre

Aquí vos deixamos unha foto das portadas do 3º trimestre que fixo o tren de segundo, aproveitando para desexarvos a tod@s un feliz verán ;)

Portadas e contraportadas 2ºA
Portadas e contraportadas 2ºA
Portadas e contraportadas 2ºB
Portadas e contraportadas 2ºB

Actividades fin de curso

Antes de rematar o curso o tren de segundo disfrutou dunhas divertidas actividades: facer un autorretrato a tamaño xigante, unha búsqueda dun tesouro polo patio e un obradoiro de arcilla no que fixeron colgantes.




xoves, 16 de xuño de 2016

Visita ó museo e Castro de Viladonga

O pasado martes, 14 de xuño, o tren de segundo viaxou ata o Castro de Viladonga. Primeiro viron un vídeo sobre a vida castrexa, logo buscaron o nome de restos arqueolóxicos por todo o museo, tamén participaron nun obradoiro de barro facendo tazas e, por último, disfrutaron dunha visita teatrealizada ó castro. 

Visita ó museo
Obradoiro de barro 2ºA
Obradoiro de barro 2ºB
Visita teatrealizada ó castro
O tren de segundo cos actores

venres, 3 de xuño de 2016

Tramo do Camiño de Santiago

O pasado martes, 31 de maio, alumnado e profesorado do Insua Bermúdez transformáronse en peregrin@s para facer un tramo do Camiño de Santiago. Camiñaron dende a Igrexa de Goiriz ata a Área Recreativa A Madalena, onde remataron cun merecido xantar. 
Bo camiño, peregrin@s ;)
Peregrinos e peregrinas de 2ºA
Peregrinos e peregrinas de 2ºB

luns, 30 de maio de 2016

XVIII Certame Benxamín Paz

O pasado venres, 27 de maio, celebrouse no Auditorio de Vilalba o XVIII Certame Benxamín Paz, organizado polo CEIP Antonio Insua Bermúdez. Entre os premiados no concurso de poesía atópanse dous pasaxeiros do tren de segundo: Irene Martínez co seu poema "Un paseo pola aldea" e Roi Fraga co seu poema "Un libro é un amigo". PARABÉNS!
Irene e Roi recollen o seu premio
Gañadores no concurso de poesía e narrativa

mércores, 25 de maio de 2016

Excursión á Casa Grande de Xanceda

Onte, 24 de maio, o tren de segundo fixo unha viaxe para visitar a granxa da Casa Grande de Xanceda. Visitaron o establo dos becerros e déronlles o biberón, déronlle a herba ás vacas, pasaron pola sala de ordeño e pola horta. Viron tamén a casiña das abellas, a porca Lola, os cans, as pitas e o galo, os cabalos, os ponis, as ovellas, as cabras e déronlles de comer. Tamén viron un vídeo e contáronlles moitas cousas sobre o coidado dos animais e sobre os produtos ecolóxicos que venden (como os iogures que probaron). Que ben o pasaron!

2ºA
2ºB

venres, 13 de maio de 2016

Concerto de Mini e Mero

Hoxe, 13 de maio, disfrutamos dun concerto de Mini e Mero na biblioteca do centro. Canto nos gustou!


Concerto de Mini e Mero

Hoxe, 13 de maio, contamos

Letras Galegas

O CEIP Antonio Insua Bermúdez decidiu homenaxear a Manuel María cunha iniciativa de María G.: un mosaico grande de 3 m x 3m!!!! Todos participamos na elaboración del, desde os máis pequenos ata os máis grandes, contando ca gran axuda do profesor de plástica (D.Carrasco). Aquí vos deixamos algunha foto do proceso e da colaboración dos nenos e nenas de 2º.

2ºA
2ºB
Proceso
Mosaico e chapas

Película no IES Basanta Silva

Co galo da celebración do seu 50 aniversario, o IES Basanta Silva convidounos a ver unha película o pasado xoves, 12 de maio. Graciñas e parabéns!

Contacontos Anxo Moure

O pasado luns, 9 de maio, contamos ca visita de Anxo Moure. Contounos moitos contiños e fixo que o pasáramos moi ben! 

domingo, 1 de maio de 2016

Día da nai

O tren de segundo marchou o venres cargado de agasallos para as súas nais. Que pasedes un bo día!
2ºA
2ºA
2ºB
2ºB
2ºB
2ºA

venres, 29 de abril de 2016

Excursión á Casa-Museo Manuel María e Paseo Río Rato

O pasado mércores, 27 de abril, o tren de segundo viaxou ata a Casa-Museo de Manuel María. Alí fixemos un recorrido polas diferentes estancias da casa: o cuarto, o escritorio, o salón...e ata a corte, hoxe en día convertida nunha biblioteca. Un guía foinos explicando e contando un pouco da vida e obra de Manuel María.
Despois, o tren de segundo desprazouse ata o Paseo do Río Rato para coñecer un pouco máis sobre a fauna e flora das Terras do Miño. Tamén escoitamos diferentes sons de animais, descubrimos o que era un batuxo e demos un paseo á beira do río Rato.

2ºB
2ºA


luns, 25 de abril de 2016

Letras Galegas 2016

Así de bonitos lucirán por Vilalba adiante estes carteis feitos polo tren de segundo, cheos de debuxos e poemas escritos por Manuel María (escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas).

2ºA
2ºA
2ºA
2ºB
2ºB
2ºB
2ºA

2ºA

2ºB
2ºB