sábado, 21 de marzo de 2015

Día da árbore e da auga


O pasado xoves, 19 de marzo, festexamos no colexio o día da árbore e da auga. Fixémolo lendo uns contos  ("Dama de auga", no caso de segundo) e tamén plantando un acebo, ó que lle puxemos de nome "Eclipse".



           

Día do pai

Os nenos e nenas de segundo quixeron facer un agasallo para sorprender aos seus papás. Velaquí tedes as fotos...




luns, 2 de marzo de 2015

Atando cordóns

Os nenos e nenas de segundo están aprendendo a atar os cordóns e algúns aprendendo a ser máis rápidos. Para facer isto máis divertido levamos uns días facendo competicións nas que o pasamos moi ben mentres aprendemos.





Plantando semillas

O pasado 22 de xaneiro, o tren de segundo plantou garabanzos, lentellas e fabas nun vaso con algodón. Pois ben, desas semillas naceron plantiñas que os nenos e nenas foron regando e observando como medraban...