Para agasallar aos seus pais os nenos e nenas de segundo fixeron este coche (para colgar do retrovisor) ca súa foto e un debuxo. E logo metérono no sobre que vedes na imaxe.
Estes días aprendemos moitas cousas sobre o universo e tamén fixemos un mural e un cohete que voa. Ademais, coincidindo co Día da Muller Traballadora, estivemos investigando cal foi a primeira muller astronauta que viaxou ó espazo e como o fixo.
O pasado venres, 11 de marzo, o tren de segundo viaxou ata o Auditorio de Vilalba para ver unha obra de teatro titulada "A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna".