domingo, 31 de xaneiro de 2016

Día da Paz

O pasado venres, 29 de xaneiro, festexamos o Día da Paz no CEIP Antonio Insua Bermúdez. Na biblioteca cantamos con Alba (alumna de 6º) a canción "De que che vale" de Jesús Pareja, tamén bailamos cas pandeireteiras de 6º e vimos unhas curtametraxes. O pasillo decorámolo con banderines e os nosos pescozos con medallóns. 




mércores, 13 de xaneiro de 2016

Tazas de barro

Onte recibimos as tazas de barro que fixeramos na excursión ó museo da Arqueoloxía e Prehistoria de Vilalba, no trimestre pasado. Mirade que ben quedaron!
2ºA

2ºB

sábado, 9 de xaneiro de 2016

Viñeron os Reis!

Que content@s comezamos este segundo trimestre despois de ver que os Reis Magos pasaron polas nosas aulas para deixarnos tres agasallos. E que ben o pasamos xogando con eles!