venres, 29 de abril de 2016

Excursión á Casa-Museo Manuel María e Paseo Río Rato

O pasado mércores, 27 de abril, o tren de segundo viaxou ata a Casa-Museo de Manuel María. Alí fixemos un recorrido polas diferentes estancias da casa: o cuarto, o escritorio, o salón...e ata a corte, hoxe en día convertida nunha biblioteca. Un guía foinos explicando e contando un pouco da vida e obra de Manuel María.
Despois, o tren de segundo desprazouse ata o Paseo do Río Rato para coñecer un pouco máis sobre a fauna e flora das Terras do Miño. Tamén escoitamos diferentes sons de animais, descubrimos o que era un batuxo e demos un paseo á beira do río Rato.

2ºB
2ºA


luns, 25 de abril de 2016

Letras Galegas 2016

Así de bonitos lucirán por Vilalba adiante estes carteis feitos polo tren de segundo, cheos de debuxos e poemas escritos por Manuel María (escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas).

2ºA
2ºA
2ºA
2ºB
2ºB
2ºB
2ºA

2ºA

2ºB
2ºB

venres, 1 de abril de 2016

Traballos 2º trimestre

Os nenos e nenas do tren de segundo levaron hoxe para a casa os seus traballos do 2º trimestre. Parabéns, a seguir así no 3º trimestre!

2ºA
2ºB