venres, 30 de outubro de 2015

Merenda terrorífica

O pasado mércores, 28 de outubro, fixemos unha merenda terrorífica nas aulas de segundo. Mirade que pintas, ummmm...!


Festa dos conxuros

Onte, 29 de outubro, o tren de segundo celebrou a festa dos conxuros. Que ben o pasamos!



Conxuro de tumbas horripilantes
Os de segundo facemos este conxuro
para que o curso non sexa moi duro.
Eu boto un morcego
que está moi cego.
Eu boto esta cabazota
que parece unha pelota.
Eu boto un pelo
que encontrei nun banco amarelo.
Eu boto esta serpe 
na auga ben quente.
Traiovos unha araña
que estaba nunha gadaña.
Eu poño un escorpión
que encontrei nun camión.
Eu boto unha cabaza
que enche unha taza.
Eu encontrei un sapo
que estaba escondido nun trapo.
Eu boto unha araña
rica como unha castaña.
Traio esta cabaza
que atopei na miña casa.
Eu poño un ollo de dragón
que encontrei nun caixón.
Con este calcetín
o Samaín non ten fin.


Conxuro dos Zombis Melenudos
Somos bruxas e bruxos 
e zombis melenudos.
Imos facer un conxuro
neste pote tan escuro.
Eu boto este rato
que atopei nun burato.
Eu boto un cempés
que atopei campo a través.
Eu boto unha cabaza
que atopei indo de caza.
Eu boto dous xeados
para que todos estemos calados.
Eu traio un morcego
gordo, negro e chairego.
Eu elexín unha lagartixa
delgada como o papel de lixa.
Eu boto mostaza
que teño na miña cabaza.
Eu traio unha curuxa
tan fea como unha bruxa.
Eu boto un ollo de sapo
que encontrei nun zapato.
Eu boto un morcego
que encontrei voando no ceo.
Eu poño un cacho de pan duro
que fará mellor este conxuro.


Conxuro das arañas velenosas
O noso conxuro ten estes ingredientes
que botamos neste pote relucente.
Eu boto zume de araña
para quitar a migraña.
Eu traio unha formiga, 
a ti picarache a barriga.
Eu boto esta cabaza
que atopei na terraza.
Eu boto unha araña
que pesquei cunha caña.
Eu traio unha serpe
que ten un so dente.
Eu boto zombis
para convidar aos compis.
Pois eu ollos de dragón
que me quere comer o tragón.
Eu teño unha araña
tan fea como unha castaña.
Coa cola do caimán
caerás, pataclán!
Eu boto baba de caracol
que atopei nunha col.
Con todos estes ingredientes
mañá caeranche os dentes.


Conxuro dos Monstruos Terroríficos
Somos os Monstruos Terroríficos
que non damos nin apertas nin bicos.
Imos comezar este conxuro
dando saltos de canguro.
Eu boto unha cabaciña
que atopei na miña hortiña.
Pois eu boto esta araña
que atopei no medio da lasaña.
Eu teño esta cucaracha
que encontrei nunha remolacha.
Eu traio este rato
que estaba metido no meu zapato.
Eu engado esta cobra
que na miña casa sobra.
Pois eu esta araña
que estaba non cabaña.
Mirade que lingua de león
atopei debaixo dun camión.
Falta o ingrediente máis importante
caca de elefante!
Agora eu remexo e remexo
como se fixera un queixo.
Podedes beber todos deste conxuro
e logo fumar un puro.


As mestras de segundo tamén remexen e remexen
e desexan que este Samaín moi ben festexen.

Aulas terroríficas

Esta semana nos pasillos e nas aulas de segundo tamén se notaba que era Samaín. Tiñamos desde arañas xigantes, bruxas, pantasmas, morcegos e ata corvos vixiándonos. Que medo!

Cabazas decoradas

Mirade que cabazas tan chulas, tan terroríficas, tan ben feitas...trouxeron os nenos e nenas do tren de segundo. 
PARABÉNS A TOD@S POLO VOSO TRABALLO!


martes, 27 de outubro de 2015

Taller de la

Hoxe, o tren de segundo disfrutou dun taller de la no que aprenderon a cardala, fiala con fuso e roca, facer un tapiz no tear...
Máis información na páxina web: http://sramaria.com

                                   

      



luns, 26 de outubro de 2015

O fonendoscopio

A semana pasada, aproveitando que estudaron o aparato circulatorio, os nenos e nenas de segundo convertíronse en médicos e médicas. Aprenderon o que era un fonendoscopio e estiveron escoitando con el os sons cardíacos e respiratorios dos seus compañeiros e compañeiras. Como lles gustou!

Médicos e médicas de 2ºA


Médicos e médicas de 2ºB
Médicos e médicas de 2ºB

mércores, 21 de outubro de 2015

Os castrexos de segundo

Así como no curso pasado se levou a cabo un proxecto sobre o camiño de Santiago, neste tratará sobre a cultura castrexa. Os nenos e nenas de segundo xa comezaron a traballar en dito proxecto participando na elaboración deste mural... Cantas cousas estamos aprendendo sobre os castros!


O outono

Chegou o outono e os pasaxeiros e pasaxeiras do tren de segundo recolleron follas para facer estes erizos tan alegres :)
Erizos feitos polos nenos e nenas de 2ºB
Erizos feitos polos nenos e nenas de 2ºA

A pirámide de alimentos

Xa que estivemos aprendendo en ciencias como comer de forma sa e equilibrada, tamén fixemos unha pirámide xigante na que pegamos alimentos que debemos comer todos os días, varias veces á semana e só ás veces. 

Nenos e nenas de 2ºA
Nenos e nenas de 2ºA



Nenos e nenas de 2ºB
Nenos e nenas de 2ºA



Nenos e nenas de 2ºB

Benvido Iván!

Esta semana subiuse ó tren de 2ºB un novo pasaxeiro, que se chama Iván. Benvido e boa viaxe ;)