xoves, 30 de outubro de 2014

Merenda terrorífica

Mirade que pedazo merenda nos zampamos hoxe no tren de segundo: momias, dedos cheos de sangue, arañas, tumbas, pantasmas, cabazas, mazás con vermes... e para beber: sangue! 
Grazas ás familias por colaborar e axudar ós nenos e nenas a preparar esta merenda tan terrorífica!





mércores, 29 de outubro de 2014

Conxuro de Samaín

Hoxe, 28 de outubro, o tren de segundo encheuse de bruxos e bruxas que fixeron este conxuro:



Aquí estamos os bruxos
e as bruxas de segundo
para ler este conxuro.


Entre todos faremos unha apócema
chea de ingredientes
para que non nos caigan os dentes,
para ser bos estudiantes
e alumnos e alumnas brillantes.


Eu boto baba de caracol
que encontrei nunha col.


Eu dous ollos de tritón
cunha pizca de limón.


Eu boto unha lingua de vaca
que merquei na casa Paca.


Eu traigo un pemento
que está duro como o cemento.


Aquí teño tres ou catro bichos
que encontrei en varios sitios.


E para rematar este conxuro
falta o ingrediente máis importante:
caca de elefante!


Eu remexo e remexo
e convídovos a beber
a toda a xente do colexio.


Contos de medo

Estes son os contos de medo que fixeron os nenos e nenas de segundo, e que hoxe leron na biblioteca para todo o colexio...













domingo, 26 de outubro de 2014

Achégase o Samaín

Achégase o Samaín e no noso colexio xa se fixo notar nestes últimos días. Os nenos e nenas decoraron cabazas, ca axuda das súas familias, e fóronas traendo. Tamén fixeron teas de araña, pantasmas, vampiros... Dá medo andar polo colexio!


venres, 17 de outubro de 2014

Un conto de medo

Mirade que conto inventamos todos xuntos... Esperamos que vos guste!

Escrito por Rebeca

martes, 14 de outubro de 2014

Mochilas viaxeiras

A partir de hoxe, os pasaxeiros e pasaxeiras do tren de segundo levarán unha maleta máis: a mochila viaxeira
Estas mochilas irán de casa en casa con lecturas para compartir en familia. Durante dúas semanas os nenos e nenas poderán ler libros  (tamén o libro electrónico), facer manualidades que logo se expoñerán no colexio, ver un DVD... e debuxar ou escribir as súas experiencias no caderno viaxeiro. 

BOA VIAXE LECTORES ;)


luns, 13 de outubro de 2014

Decoración outono e Samaín

Fai xa uns días que chegou o outono e dentro de nada será tamén o día de Samaín. E na nosa aula xa se nota...e tamén no colexio. A ver se vos gusta o que fixeron estes pequenos e pequenas artistas ;)

Todos os pasillos do colexio están cheos de paraugas que nos protexerán da choiva deste outono ;) Se chove, que chova!


Este foi o mural que fixemos cos nosos compañeiros e compañeiras de primeiro, aprendemos moito sobre os froitos do outono!


Así nos quedou a clase con este espantallo que vixía as súas cabaciñas, con eses vampiros e bruxas voando, con eses cogomelos...



Dá un pouco de medo entrar na nosa clase con tanto monstruo...e mirade o que temos xusto na entrada:


venres, 10 de outubro de 2014

Hora de ler "O agasallo de Anya"

Neste mes comezamos a ler sobre vinte minutos, todos os días, ó entrar do recreo. É o que chamamos a "hora de ler".
O libro que estamos lendo todos xuntos titúlase "O agasallo de Anya" e temos a sorte de compartir este momento de lectura cas dúas protagonistas deste conto xa que a propia autora nos deixou que subiran ó noso tren durante uns días. Nós estamos descubrindo moitas cousas sobre estas nenas, se vós queredes sabelas tedes máis información neste enlace...
e senón, xa sabedes, a buscalo para que forme parte das vosas bibliotecas. 
Xa vos contaremos máis cousiñas sobre esta viaxe con Anya e Xiana. Grazas por acompañarnos ;)



A pirámide dos alimentos

Hoxe, 10 de outubro, rematamos de facer esta pirámide chea de alimentos. Os nenos e nenas de segundo recortaron imaxes de alimentos en folletos dalgúns supermercados e pegáronnos nas tres cores. O amarelo foi para os alimentos que debemos comer varias veces ó día, o verde para os que debemos comer varias veces á semana e o vermello para os que só debemos comer de vez en cando. Aquí tedes algunha foto do proceso...



xoves, 9 de outubro de 2014

Debuxa o teu almorzo

Aproveitando que estamos estudando en coñecemento sobre a alimentación, imos participar nun concurso que se titula "Debuxa o teu almorzo". Cada pasaxeiro e pasaxeira fixo un debuxo do que sería, para el ou ela, un almorzo sa. Esperamos que vos guste a vós, e tamén ó xurado ;)

Se queredes saber máis, pinchade neste enlace: http://www.edu.xunta.es/web/debuxaoteualmorzo

Rebeca
Iván

Sergio

Mayca

Hugo

Fernando

Juan

Nadir

Araceli