sábado, 14 de febreiro de 2015

Festa do Entroido

Este venres, 13 de febreiro, festexamos no colexio a festa do Entroido vestidos con disfraces relacionados co mar. Disfrutamos dalgúns bailes e tamén duns doces moi ricos. 
QUE PASEDES UN BO ENTROIDO!!!




Semana do entroido

Quero mostrarvos algunhas fotos da semana do entroido no colexio de Román. Xa veredes que elegantes...





xoves, 12 de febreiro de 2015

Buscando o tesouro

Hoxe o tren de segundo transformouse nun barco cheo de piratas dispostos a encontrar o tesouro que había agochado preto do colexio. Despois de buscar as pistas, seguindo o mapa, atoparon o tesouro!!








Nevando en Román




domingo, 1 de febreiro de 2015

Día da paz

O pasado venres, 30 de xaneiro, festexamos no colexio o día da paz e non violencia. O tren de segundo cantou a canción "Hazme un mundo de caramelo" e tamén escribiu os seus desexos relacionados ca paz. Ademais fixeron pombas para a aula e para a entrada do colexio. Pola tarde, todo o colexio disfrutou da visita de Anxo Moure e os seus contos solidarios. Se queredes coñecelo mellor achegádevos a Garabelos (Chantada) para ver a súa Casa das Árbores ou entrade neste enlace: