sábado, 20 de xuño de 2015

Despedida desta maquinista

E chegou o momento de que esta maquinista se despedida, e fagoi desexando moita sorte a todo o alumnado e compañeiros/as do CEIP Terra Chá. Foi un pracer compartir este curso con vós ;) 


Festa fin de curso

Onte, 19 de xuño, rematou o curso 2014-2015...e festexámolo cunha festa na que zampamos un tren de chocolate :)

Aniversarios do verán

O pasado xoves, 18 de xuño, festexamos os aniversarios dos nenos e nenas que cumplen no verán. PARABÉNS, JUAN, MAYCA E FERNANDO!


luns, 15 de xuño de 2015

Artesanía de traxes rexionais

Hoxe visitáronnos dúas artesanas, Carmen e Alba, que nos ensinaron como son os traxes rexionais e como se fan. Tamén nos mostraron outras prendas antigas e as zocas, e explicáronnos como se facían. Por último, todos os nenos e nenas puideron participar no bordado dun traxe. MOITAS GRAZAS!!



sábado, 13 de xuño de 2015

Grazas, Marisol!

Os pasaxeiros e pasaxeiras do tren de segundo queren dar as grazas á maquinista que conduciu este tren durante uns días. Grazas, Marisol ;)

martes, 2 de xuño de 2015

Excursión As Médulas, Lago de Carucedo e O Cebreiro

O pasado 29 de maio, os nenos e nenas do CEIP Terra Chá foron de excursión ás Médulas, ó Lago de Carrucedo e ó Cebreiro. Aquí vos deixo unhas imaxes da xornada :