domingo, 14 de febreiro de 2016

Entroido castrexo

O pasado venres, 5 de febreiro, festexamos o entroido no colexio vestidos de castrexos e castrexas. A cor do tren de segundo era a azul e o noso símbolo era a triqueta. Antes do recreo fixemos un recorrido, por todo o colexio, cheo de probas. Primeiro pasamos polo Castro de San Cibrao onde xogamos a cazar, logo polo Castro de Santa Tegra onde cruzamos unha ponte, tamén pasamos polo Castro de Baroña onde tivemos que superar moitos obstáculos, no Castro de Viladonga xogamos a recolectar froita e, por último, no Castro de Fazouro atravesamos un laberinto e comemos chocolate con biscoito. Pasámolo moi ben!

Recorrido de 2ºA polos castros

Recorrido de 2ºB polos castros
Castrexos e castrexas de 2ºA
Castrexos e castrexas de 2ºB