xoves, 27 de novembro de 2014

Día en contra da violencia de xénero

Todos os días deberíamos acordarnos desas mulleres que sufren violencia de xénero, pero xa que o 25 de novembro foi declarado "Día Internacional en contra da violencia de xénero", dende o colexio quixemos facer fincapé no tema da igualdade. Para iso utilizamos o lema "Todos somos capitáns - Todas somos capitanas" e fixemos uns barcos. No caso de segundo fixeron barcos con papel de xornal e tamén outros con arcilla, palillos e cartulina decorada por eles. Tamén vimos un conto titulado "Un día de treboada", que serviu para manter un coloquio sobre as profesións, o reparto de tarefas na casa, etc. E, por último, fixemos unhas pulseiras nas que escribimos as nosas mensaxes en contra da violencia.
Todos somos capitáns! (Pinchade para escoitar a canción)




venres, 21 de novembro de 2014

Día Universal do Neno (20 de novembro)

Co motivo da celebración do Día dos Dereitos do Neno, todo o alumnado do colexio participou na elaboración deste mural, aprendendo deste xeito que todos os nenos e nenas son iguais, sen importar a raza, o sexo, a relixión ou a cultura. Ademais o tren de segundo aprendeu cales son moitos dos dereitos que teñen os nenos e nenas a través dun vídeo e fixeron uns debuxos sobre o mesmo.


"A nena que quería ser pirata"

Onte, 20 de novembro, visitounos na biblioteca o contacontos Doutor Tilla De Patacas. Contoulles ós nenos e nenas de educación infantil, primeiro, segundo e terceiro, un conto sobre unha nena que quería ser pirata. Entre todos seguiron unhas pistas ata chegar ó tesouro. Que ben o pasaron! Ademais aprenderon que non hai profesións de chico nin de chica e que todos podemos ser o queiramos. 




Mercando e vendendo

Esta semana a aula de segundo parecía, por momentos, un mercadillo. Os nenos e nenas convertíanse en venderores e clientes que vendían e mercaban alimentos para traballar así cos euros. 


mércores, 12 de novembro de 2014

martes, 11 de novembro de 2014

Visita de Sabela Núñez Singala

Sabela Núñez Singala, escritora de "O agasallo de Anya", visitou esta mañá o noso colexio. Todos os nenos e nenas disfrutaron da súa compañía, desde Infantil ata 6º de primaria. A continuación podedes ver unha foto con cada grupo...


Sabela contoulles un conto titulado "O soño de Xiana" ó grupo de Infantil e os nenos e nenas fixeron uns debuxos relacionados co mesmo. Mentres Xiana saboreaba "O agasallo de Anya"...


Despois tocoulle o turno a 1º, 2º e 3º, que tamén escoitaron o conto, axudáronlle a Sabela a traducilo ó galego (pois o texto estaba en ucraín), comentaron e fixeron preguntas sobre o mesmo e, para rematar, viron algunhas cousas que Sabela trouxo nun maletín (libros en ucraín, o diario de Anya,....).


E, por último, o turno foi para 4º, 5º e 6º. Os nenos e nenas leron un resumo do libro "O agasallo de Anya" e foron comentando sobre o mesmo. Logo Sabela contoulles de onde viñera a idea de escribir este libro, faloulles do proxecto Mochilinhas de cores e Cestiña de cores. Puideron ver fotos destes proxectos, facer preguntas sobre eles e ver tamén algunhas cousiñas de Ucrania. 


Sabela rematou a mañá asinando libros, mans, dedos... pero, o máis importante, deixando moitos sorrisos entre os nenos e nenas.


O tren de segundo tivo o previlexio de recibir a Sabela na súa clase. Os nenos e nenas poideron lerlle unhas preguntas que contestaron sobre o conto e mostrarlle uns debuxos sobre o mesmo. Tamén nos asinou unha portada para ter de recordo da súa visita e nós démoslle uns agasallos feitos por nós. Que sorte tivemos ;)


En definitiva, foi unha mañá moi completa, chea de cousas interesantes, na que aprendemos moito na compañía de Sabela. Por iso só nos queda darlle as grazas pola visita e os parabéns polo seu libro "O agasallo de Anya". Ata cando queiras!

venres, 7 de novembro de 2014

O magosto

Hoxe, 7 de novembro, festexamos o magosto no colexio. Fixemos uns cestos terroríficos para encher de castañas e logo comelas, por suposto!



E despois de zampar fixemos uns xogos: "pelacastañas", "a castaña equilibrista", "encesta a castaña" e "a castañola". Podedes ver a continuación fotos dos catro grupos xogando: vermello, azul, verde e amarelo.