luns, 30 de maio de 2016

XVIII Certame Benxamín Paz

O pasado venres, 27 de maio, celebrouse no Auditorio de Vilalba o XVIII Certame Benxamín Paz, organizado polo CEIP Antonio Insua Bermúdez. Entre os premiados no concurso de poesía atópanse dous pasaxeiros do tren de segundo: Irene Martínez co seu poema "Un paseo pola aldea" e Roi Fraga co seu poema "Un libro é un amigo". PARABÉNS!
Irene e Roi recollen o seu premio
Gañadores no concurso de poesía e narrativa

mércores, 25 de maio de 2016

Excursión á Casa Grande de Xanceda

Onte, 24 de maio, o tren de segundo fixo unha viaxe para visitar a granxa da Casa Grande de Xanceda. Visitaron o establo dos becerros e déronlles o biberón, déronlle a herba ás vacas, pasaron pola sala de ordeño e pola horta. Viron tamén a casiña das abellas, a porca Lola, os cans, as pitas e o galo, os cabalos, os ponis, as ovellas, as cabras e déronlles de comer. Tamén viron un vídeo e contáronlles moitas cousas sobre o coidado dos animais e sobre os produtos ecolóxicos que venden (como os iogures que probaron). Que ben o pasaron!

2ºA
2ºB

venres, 13 de maio de 2016

Concerto de Mini e Mero

Hoxe, 13 de maio, disfrutamos dun concerto de Mini e Mero na biblioteca do centro. Canto nos gustou!


Concerto de Mini e Mero

Hoxe, 13 de maio, contamos

Letras Galegas

O CEIP Antonio Insua Bermúdez decidiu homenaxear a Manuel María cunha iniciativa de María G.: un mosaico grande de 3 m x 3m!!!! Todos participamos na elaboración del, desde os máis pequenos ata os máis grandes, contando ca gran axuda do profesor de plástica (D.Carrasco). Aquí vos deixamos algunha foto do proceso e da colaboración dos nenos e nenas de 2º.

2ºA
2ºB
Proceso
Mosaico e chapas

Película no IES Basanta Silva

Co galo da celebración do seu 50 aniversario, o IES Basanta Silva convidounos a ver unha película o pasado xoves, 12 de maio. Graciñas e parabéns!

Contacontos Anxo Moure

O pasado luns, 9 de maio, contamos ca visita de Anxo Moure. Contounos moitos contiños e fixo que o pasáramos moi ben! 

domingo, 1 de maio de 2016

Día da nai

O tren de segundo marchou o venres cargado de agasallos para as súas nais. Que pasedes un bo día!
2ºA
2ºA
2ºB
2ºB
2ºB
2ºA