venres, 29 de abril de 2016

Excursión á Casa-Museo Manuel María e Paseo Río Rato

O pasado mércores, 27 de abril, o tren de segundo viaxou ata a Casa-Museo de Manuel María. Alí fixemos un recorrido polas diferentes estancias da casa: o cuarto, o escritorio, o salón...e ata a corte, hoxe en día convertida nunha biblioteca. Un guía foinos explicando e contando un pouco da vida e obra de Manuel María.
Despois, o tren de segundo desprazouse ata o Paseo do Río Rato para coñecer un pouco máis sobre a fauna e flora das Terras do Miño. Tamén escoitamos diferentes sons de animais, descubrimos o que era un batuxo e demos un paseo á beira do río Rato.

2ºB
2ºA


Ningún comentario:

Publicar un comentario