mércores, 25 de maio de 2016

Excursión á Casa Grande de Xanceda

Onte, 24 de maio, o tren de segundo fixo unha viaxe para visitar a granxa da Casa Grande de Xanceda. Visitaron o establo dos becerros e déronlles o biberón, déronlle a herba ás vacas, pasaron pola sala de ordeño e pola horta. Viron tamén a casiña das abellas, a porca Lola, os cans, as pitas e o galo, os cabalos, os ponis, as ovellas, as cabras e déronlles de comer. Tamén viron un vídeo e contáronlles moitas cousas sobre o coidado dos animais e sobre os produtos ecolóxicos que venden (como os iogures que probaron). Que ben o pasaron!

2ºA
2ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario