venres, 10 de outubro de 2014

Hora de ler "O agasallo de Anya"

Neste mes comezamos a ler sobre vinte minutos, todos os días, ó entrar do recreo. É o que chamamos a "hora de ler".
O libro que estamos lendo todos xuntos titúlase "O agasallo de Anya" e temos a sorte de compartir este momento de lectura cas dúas protagonistas deste conto xa que a propia autora nos deixou que subiran ó noso tren durante uns días. Nós estamos descubrindo moitas cousas sobre estas nenas, se vós queredes sabelas tedes máis información neste enlace...
e senón, xa sabedes, a buscalo para que forme parte das vosas bibliotecas. 
Xa vos contaremos máis cousiñas sobre esta viaxe con Anya e Xiana. Grazas por acompañarnos ;)



3 comentarios:

  1. Ohhhh!!! Pero que clase máis bonita tedes! Grazas por deixarme entrar nela a través deste blog.
    Encántame vervos lendo "O agasallo de Anya", gustaríame moito que pasásedes bos momentos con el (e mais coas bonecas que vos levou a profe). Xa me contaredes se vos gustou...
    Unha ducia de bicos!!! Un para cada un de vós e outros tres para Irene, Xiana e Anya ;)

    ResponderEliminar
  2. Ola Sabela, estou aquí cos nenos e nenas de segundo. Din que o están pasando moi ben con Anya e Xiana, lendo no teu libro. Convídante a vir ata a nosa clase para coñecerte.
    Bicos de parte de todos e todas :)

    ResponderEliminar
  3. Siiiiiii. Estou desexando coñecer a eses grandes lectores e lectoras.
    Vémonos cando queirades. Outra ducia de bicos para vós ;)

    ResponderEliminar