xoves, 27 de novembro de 2014

Día en contra da violencia de xénero

Todos os días deberíamos acordarnos desas mulleres que sufren violencia de xénero, pero xa que o 25 de novembro foi declarado "Día Internacional en contra da violencia de xénero", dende o colexio quixemos facer fincapé no tema da igualdade. Para iso utilizamos o lema "Todos somos capitáns - Todas somos capitanas" e fixemos uns barcos. No caso de segundo fixeron barcos con papel de xornal e tamén outros con arcilla, palillos e cartulina decorada por eles. Tamén vimos un conto titulado "Un día de treboada", que serviu para manter un coloquio sobre as profesións, o reparto de tarefas na casa, etc. E, por último, fixemos unhas pulseiras nas que escribimos as nosas mensaxes en contra da violencia.
Todos somos capitáns! (Pinchade para escoitar a canción)




2 comentarios:

  1. Uauuuuuuuuuuu... Pero que chula vos quedou a entrada do cole. Que ben que aprendades tantas cousiñas interesantes e necesarias para evitar a violencia de xénero. Alégrame un montón volver a vervos, aínda que sexa en fotos. Seguides estando moi guapas e guapos. Un bico!!

    ResponderEliminar
  2. Graciñas, Sabela! Intentaremos seguir aprendendo desas cousiñas todos os días.... Outro bico para ti e para Xiana, a veces falamos dela e de Anya...

    ResponderEliminar