martes, 11 de novembro de 2014

Visita de Sabela Núñez Singala

Sabela Núñez Singala, escritora de "O agasallo de Anya", visitou esta mañá o noso colexio. Todos os nenos e nenas disfrutaron da súa compañía, desde Infantil ata 6º de primaria. A continuación podedes ver unha foto con cada grupo...


Sabela contoulles un conto titulado "O soño de Xiana" ó grupo de Infantil e os nenos e nenas fixeron uns debuxos relacionados co mesmo. Mentres Xiana saboreaba "O agasallo de Anya"...


Despois tocoulle o turno a 1º, 2º e 3º, que tamén escoitaron o conto, axudáronlle a Sabela a traducilo ó galego (pois o texto estaba en ucraín), comentaron e fixeron preguntas sobre o mesmo e, para rematar, viron algunhas cousas que Sabela trouxo nun maletín (libros en ucraín, o diario de Anya,....).


E, por último, o turno foi para 4º, 5º e 6º. Os nenos e nenas leron un resumo do libro "O agasallo de Anya" e foron comentando sobre o mesmo. Logo Sabela contoulles de onde viñera a idea de escribir este libro, faloulles do proxecto Mochilinhas de cores e Cestiña de cores. Puideron ver fotos destes proxectos, facer preguntas sobre eles e ver tamén algunhas cousiñas de Ucrania. 


Sabela rematou a mañá asinando libros, mans, dedos... pero, o máis importante, deixando moitos sorrisos entre os nenos e nenas.


O tren de segundo tivo o previlexio de recibir a Sabela na súa clase. Os nenos e nenas poideron lerlle unhas preguntas que contestaron sobre o conto e mostrarlle uns debuxos sobre o mesmo. Tamén nos asinou unha portada para ter de recordo da súa visita e nós démoslle uns agasallos feitos por nós. Que sorte tivemos ;)


En definitiva, foi unha mañá moi completa, chea de cousas interesantes, na que aprendemos moito na compañía de Sabela. Por iso só nos queda darlle as grazas pola visita e os parabéns polo seu libro "O agasallo de Anya". Ata cando queiras!

2 comentarios:

  1. Moitas grazas a vós!!! Para min foi unha mañá fantástica, encantoume coñecervos e paseino moi ben. Síntome moi contenta e agradecida.
    A partir de agora, cando lea o voso blog e vexa as vosas cariñas, lembrarei ese día tan bonito. GRAZAS!!!

    ResponderEliminar
  2. Alégranos saber que ti tamén o pasaches ben, Sabela!
    Grazas por seguir o noso blog ;)

    ResponderEliminar